sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA estrada provincial EP-4001 Ponteareas-Guillade recibirá 730.000 euros

A estrada provincial EP-4001 Ponteareas-Guillade recibirá 730.000 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar na súa Xunta de Goberno un convenio de colaboración co Concello de Ponteareas. Mediante este documento destinaranse 730.000 euros ao acondicionamento dun tramo de 900 metros da estrada provincial EP-4001 Ponteareas-Guillade. O presidente provincial, Luis López, explicou que se trata dun proxecto enmarcado no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, financiado con fondos europeos Next Generation e cun orzamento total de 1,5 millóns de euros.

En concreto, a Deputación aporta preto de 340.000 euros do orzamento total, 310.000 proveñen dos fondos Next Generation e o Concello de Ponteareas asumirá os 85.000 euros restantes. Con estes recursos vaise acondicionar un tramo desta estrada, concretamente entre o núcleo urbano de Ponteareas e o núcleo rural da Gaiosa, para mellorar a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado como para o peonil.

Neste último eido, no que respecta ao tráfico peonil, daráselle prioridade incrementando o espazo ocupado polas beirarrúas e creando zonas de convivencia. “Facémolo porque queremos que todos os recunchos desta provincia estean perfectamente preparados para que tanto os pontevedreses como os visitantes poidan desfrutar das experiencias 100% Rías Baixas”, asegurou o presidente Luis López.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS