sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsO PaísAumenta o investimento aos deportistas de elite e novas promesas de Pontevedra

Aumenta o investimento aos deportistas de elite e novas promesas de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe o reparto de algo máis de 400.000 euros entre 414 deportistas de elite da provincia de Pontevedra. A cifra “máis alta desde que a Deputación puxo en marcha estas axudas e, en concreto, preto dun 45% máis de deportistas que o pasado ano”. O obxectivo destas achegas é apoiar aos deportistas na financiación da súa participación en competicións. Isto porque “non queremos que ningún deportista teña que renunciar aos seus soños e ao seu esforzo enorme sumámoslle un esforzo económico da Deputación. Teñen talento dabondo e queremos que cheguen a todas as metas que se propoñan”, asegurou López.

En concreto, dos 414 deportistas que recibirán as bolsas, 323 son deportistas de alto nivel, 11 deles con discapacidade, e 91 son novas promesas. Cada un deles recibe unha axuda de ata 3.000 euros, en función dos resultados que obtiveran o ano pasado en competicións, desde galegas ata internacionais.

Entre os beneficiarios atópanse grandes nomes do deporte da provincia de todo tipo de disciplinas deportivas, como Teresa Portela, Diego Domínguez, Adrián Sieiro, Cristian Fernández, Daniela Suárez, Melania Rodríguez, Judith Rodríguez, Lydia Pérez, Antía Chamosa ou Hugo Casañas, entre outros. “En resumo, unha amplísima representación do deporte de alto nivel da provincia”, confirmou o presidente provincial, que lembrou que, para o goberno da Deputación, o deporte “é un eixo estratéxico porque é unha marca de identidade da provincia de Pontevedra”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS