sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsComarcasA Biblioteca de Salvaterra de Miño traballa nun sistema de acceso autónomo

A Biblioteca de Salvaterra de Miño traballa nun sistema de acceso autónomo

A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño segue incrementando o número de usuarios que utilizan os servizos e instalacións superando un mes máis os datos do pasado mes. Se en outubro alcanzouse a cifra dos 700 usuarios no mes de novembro foron máis de 800 as persoas que acudiron á biblioteca. Do número total, case a metade eran estudantes, concretamente 388 persoas que utilizaron o lugar como espazo de estudo, en novembro tivo unha media de 16 estudantes por día.

Con estos datos, despois facer balance positivo do funcionamento do espazo, dende a concellería de Cultura xa se traballa na instalación dun sistema de acceso autónomo que permitirá que os usuarios poidan utilizar a Biblioteca Municipal nun horario moito máis amplo.

A implantación deste novo sistema supón unha nova aposta do Concello de Salvaterra de Miño por un espazo que se inaugurou en 2022 e que manisfestou un incremento de servizos e actividades, e en consecuencia de visitas, para que a Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño sexa un lugar para todos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS