viernes, diciembre 20, 2024
InicioNewsComarcasDuascentas persoas maniféstanse en Ponteareas para reclamar "inclusión real"

Duascentas persoas maniféstanse en Ponteareas para reclamar «inclusión real»

Máis de duascentas persoas manifestáronse hoxe en Ponteareas para reclamar «inclusión real» nos colexios da comarca do Condado e da Louriña. Precisamente, a manifestación estaba convocada por FANPO, a Federación de Anpas da comarca do Condado e da Louriña, co obxectivo de reclamar á consellería de Educación «máis profesores especialistas que atendan ao alumnado con necesidades educativas especiais e necesidades de apoio educativo».

Despregaron seis pancartas nas que se podía ler «polos dereitos dos nosos fillos» e «ANPAS galegas na defensa do ensino público» así como «iguais en dereitos nunha sociedade diversa» e «non imos calar», entre outros lemas.

Ademais das persoas que pertencen aos diferentes colexios das comarcas, tamén asistiron á concentración o edil de Educación, Ricardo González, o voceiro do BNG, Miguel Bouzó e os nacionalistas José Carlos Vázquez, Cristina Fernández e Fran Aparicio así como os edís socialistas Vanesa Fernández e Rubén Pérez e o voceiro de Ponteareas en Común, Manoel Ucha. Do mesmo xeito, o ex alcalde de Baiona e agora deputado, Carlos Gomez e o deputado socialista Gregorio Luís Agís acudiron á chamada das anpas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS