viernes, diciembre 20, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza presenta a actividade "Parque de atraccións infantil"

A Cañiza presenta a actividade «Parque de atraccións infantil»

Esta mañá, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e Sandra Fidalgo e Marta Rey, en representación do Comercio local, presentaron esta actividade do Nadal. No acto tamén participou a empresa “Especialistas Hípica Celta”, responsable da instalación da atracción. Esta actividade infantil está enmarcada dentro das campañas de promoción e afianzamento do Comercio local, impulsadas polo Concello co apoio da Asociación de Comerciantes da Cañiza.

A iniciativa do «Parque de atraccións infantil» leva desenvolvéndose tres anos, como unha ferramenta máis para reactivar o comercio local no Nadal. Ademáis leva asociado ocio e lecer para os máis pequenos. Durante os días 26, 27 e 28 de decembro, o Concello instalará na Praza Maior un mini parque de atraccións infantil cunha barca, noria, carrusel e dúas camas elásticas. O parque de atraccións estará aberto en horario de 11.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas na Praza Maior. En caso de choiva suspenderase ata a melloría do tempo nesas datas.

O prezo de cada atracción é de tres euros por persoa. Non obstante, a compra en calquera dos establecementos da Cañiza adheridos a este programa, dará dereito a un ticket desconto de dos euros, que se poderá presentar no acceso a cada atracción. Polo tanto, con esta rebaixa, a atracción finalmente custaría un euro por neno.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS