domingo, diciembre 29, 2024
InicioNewsComarcasA alcaldesa de Mos esixe de novo a gratuidade da AP-9

A alcaldesa de Mos esixe de novo a gratuidade da AP-9

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, volta esixir a gratuidade da AP-9 no tramo Puxeiros-Porriño como solución á A-55. Así mesmo, a nova proposta do proxecto en túnel é notablemente agresiva para Mos e aumenta considerablemente a afección con respecto á anterior solución en túnel, recollida no PXOM mosense de 2018. Por elo, esixe de novo a gratuidade da AP-9 como solución inminente, non lesiva para o territorio, e catro veces máis barata que o novo proxecto plantexado. Ademais, solicita que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense.

“Temos ao lado unha autopista baleira e infrautilizada que sería unha solución inmediata para solventar a problemática da A-55. Pero o Goberno Central e o Concello de Vigo se empeñan en querer seguir a machacar a Mos cunha nova infraestrutura que nos afectaría enormemente. Ademais, como pronto, non sería realidade ata 2030 (seguramente non o sexa nunca, como o AVE Vigo-Lisboa e tantas outras promesas incumplidas). Polo que durante os seguintes cinco anos seguiría aumentando a cifra de accidentes, falecidos e recadación de multas por radares, na autovía máis perigosa de Galicia e problablemente de España”, afirma Nidia Arévalo.

A rexedora local mosense manifestouse hoxe alarmada e preocupada ante a nova proposta, moito máis agresiva que a recollida no Plan Xeral. Esta aumenta considerablemente a afección na parroquia de Sanguiñeda, destruíndo e paralizando o desarrollo de cinco solos urbanizables. Ademais, afecta a solo urbano consolidado con demolición de naves con actividade económica, abre novas liñas de afección, afecta a máis de 100 vivendas existentes. Incluso implica a expropiación e demolición de varias vivendas, modifica e corta viais municipais estructurantes, e rompe conexións vitais existentes como viaductos e supón múltiples afeccións a augas.

Mos presentará alegacións á nova proposta

Arévalo adiantou xa que o Concello de Mos presentará alegacións a esta proposta, no período dun mes habilitado a tal fin, e “chegaremos ata onde faga falta”, dixo. Tempo este vindeiro mes durante o cal se atenderá á poboación interesada no departamento municipal de Urbanismo para explicarlles o novo trazado. A partir do 8 de xaneiro se convocarán reunións con todas as asociacións do municipio para que coñezan o proxecto. Ademais, porase a situación en coñecemento da antiga Plataforma de Afectados DefendeMos (que cesara a súa actividade cando, sendo Ana Pastor Ministra, se modificara o trazado co túnel recollido no PXOM de 2018). Tamén convocarase unha Xunta Local de Voceiros para informar do proxecto a todos os grupos da Corporación Municipal e buscar unha estratexia común ante esta situación.

Rematou Nidia Arévalo lamentando que “nin o Ministerio nin o alcalde de Vigo pensen no que este proxecto suporá non só para Mos, senón para todo o territorio ao que afecta, en xeral. Se Abel Caballero soubera como destrozará este proxecto ao seu municipio non o defendería nin apostaría por el. Ademais falan de trazado máis adecuado e que mellor conectividade ofrece entre Vigo e Porriño, pero que pasa con Mos? Volve atropelarnos e ningunearnos. Fala o señor Caballero de que nesta proposta establecéronse medidas para protexer o entorno e alude ao Río Eifonso, en Vigo, pero repito… que pasa con Mos? A nós este proxecto non nos protexe senón todo o contrario: destrúenos, e ao resto do territorio tamén”, sentenciou a alcaldesa.

Declaracións da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

A rexidora local acusa con rotundidade de “atropelo histórico do PSOE a Mos, en xeral e sobre todo no que respecta a esta infaestrutura viaria en particular. Primeiro foron a ex alcaldesa socialista María Jesús Escudero e o presidente autonómico Touriño, xunto con Zapatero, logo un Goberno Central popular con Ana Pastor como Ministra de Fomento deulle solución ao problema. Agora Sánchez favorece de novo o destrozo, do territorio en xeral e da nosa localidade en particular, con esta autovía. Pero aquí me atoparon, me atopan e me atoparán sempre de frente, para defender a Mos e aos seus intereses por riba de todo, para loitar por Mos e por todo o territorio afectado”, insistiu Arévalo.

Quen concluiu dicindo que “agora o Ministerio de Transportes recoñece que a seguridade e calidade da A-55 son moi deficientes, que é un vial de carácter inaceptable, que non é competitiva… pero non dicían o mesmo todos estes anos atrás que sí o diciamos dende Mos, reclamando que se lle fixese unha mellora integral e que liberalizasen a AP-9 para desviar o tráfico dela cara a autopista… cambia o discursos dependendo dos intereses políticos”, argumentou taxante.

Así Arévalo anunciou contundente a presentación de “alegacións por parte do Concello de Mos e esixiu novamente a gratuidade da peaxe Puxeiros-Mos da AP-9 para poñer fin de xeito inminente aos centos, miles… de sinistros e sancións recadatorias anuais, así como todas as afeccións que lle supoñen á veciñanza mosense e aos condutores que transitan diariamente por ela, as malas condicións da A-55”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS