A Federación de ANPAS do Condado Paradanta e Louriña (FANPO) concentrarase hoxe a partir das 19:00 horas diante do Concello de Ponteareas para exixir «máis profesores especialistas que atendan ás necessidades do alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) e necesidades de apoio educativo (NEAE)».
Isabel Amoedo, de FANPO, explica en Si Radio de Galcia que «é necesario contar cunha inclusión real nos colexios públicos».