Anxo Fernández é un dos corredores de Ponteareas que vén de firmar un escrito, xunto con outras 200 persoas do mundo do atletismo, no que piden ao goberno municipal de Ponteareas que reconsideren as características da nova pista de atletismo.
Fernández despregou unha pancarta durante a sesión plenaria extraordinaria na que se podía ler «pista de atletismo si, pero non así» e explica en Si Radio de Galicia os motivos polo que as características desta infraestructura deportiva non satisface as necesidades dos corredores e corredoras de Ponteareas.