O Centro Comercial Travesía de Vigo será o punto de encontro para o acto de conciliación e a firma do Tratado de Paz entre o Grinch e Papá Noel, «que porá fin ás discrepancias entre ambas personaxes do Nadal». O acto terá lugar este mércores 18 de decembro no CC Travesía ás 18:00h.
Dada a importancia do Nadal para a cidade olívica, dende a xerencia do Centro Comercial Travesía organizan este encontro entre ambas personaxes que será mediado polo Alcalde de Vigo, Abel Caballero. Do mesmo xeito, tamén asistitrá ao acto a Concelleira de Comercio e Igualdade de Vigo, Ana Laura Iglesias.
A partir das 18:00h, na Cabaña de Papá Noel situada na Planta Alta do C.C. Travesía de Vigo, dará comezo o evento, presentado pola xerente do Centro Comercial, Natalia Galán. Os protagonistas do Nadal, Papá Noel, o Grinch e o Alcalde de Vigo, firmarán así o libro do Tratado de Paz «onde a personaxe cinematográfica do Grinch se rendirá ao Nadal de Vigo».