lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasO CondadoO PSOE de Ponteareas esixe "o normal funcionamento do Centro de Saúde"

O PSOE de Ponteareas esixe «o normal funcionamento do Centro de Saúde»

Apuntan a que «os profesionais están totalmente saturados».

«Estamos moi preocupados». Así o aseguran os socialistas de Ponteareas diante da sitaución da atención primaria da localidade, que está «colapsada e os profesionais están totalemente saturados e por enriba eñen que prestar atención os usuarios de outros centros de saúde como As Neves, Covelo, Mondariz ou Salvaterra de Miño».

Explican que «os doentes e a veciñanza en xeral non deben enganarse e culpar os profesionais sanitarios do caos que estamos a sufrir no noso centro de saúde» e culpabilizan ao presidente da Xunta, Núñez Feijoo, «polo claro afán privatizador da sanidade, falla de previsión na cobertura de profesionais que se van xubilando e os cativos investimentos, están levando á catástrofe total o principal piar do Estado do benestar». .

O PSOE de Ponteareas piden ao Partido Popular do municipio «que se deixe de poñer de perfil nunha materia tan importante como a saúde e se poña do lado dos veciños».

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS