Xa está aberto o prazo para inscribirse e o obxectivo é «dotar ás mulleres de todas as ferramentas para defenderse ante situacións violentas».
O curso, concedido pola Secretaría Xeral de Igualdade, desenvolverase os próximos días 18 e 20 de xaneiro no Centro Neural do municipio, en horario de mañá. Trátase dun curso de adestramento físico e psicolóxico para crear protocolos de actuación ante as distintas situacións que se poidan atopar as participantes.
Un monitor especialista en defensa persoal, docente da Academia Galega de Seguridade e membro da Federación Galega de Loita, será o encargado de dar as nocións básicas en materia de autodefensa ás participantes.
As interesadas poderán inscribirse nas oficinas do Centro de Información á Muller (CIM), situada nas dependencias do antigo Centro de Saúde, ou a través dos teléfonos 986 360 224 e 986 389 355.