sábado, diciembre 21, 2024
InicioNewsActualidadePlans e actividades de ocio nas comarcas para esta fin de semana...

Plans e actividades de ocio nas comarcas para esta fin de semana previa ao Nadal

Venres 20 de decembro

Salvaterra de Miño acollerá durante toda a fin de semana o «Mercadillo de Nadal» con produtos de artesanía, segunda man, doces e salgados, accesorios e complementos, adornos, decoración e actividades infantís.

Ás 19:30h do viernes 20 terá lugar a inauguración do alumeado de Nadal realizado polos Centros Educativos da vila.

Sábado 21 de decembro

Tui acollerá o «Concerto de Nadal da Eurocidade» da man de Mistura Vocal, o Coro da Academia de Música de Valença e o grupo Dance sen fronteiras.

A función dará comezo ás 21:30h no Auditorio Municipal. As entradas están á venda en tui.gal a un prezo de entre 5 e 7 euros.

A foodtruck de ‘Galicia sabe a Mar‘ visitará o Concello da Guarda este sábado ofrecendo petiscos gratuítos para todos os asistentes.

A furgoneta instalarase na Praza Avelino Vicente en horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

O Club de Patinaxe Artístico de Salvaterra presenta o seu festival de Nadal no Pavillón Polideportivo de Salvaterra de Miño.

O evento dará comezo a partir das 18:30h e a entrada é gratuita.

As praceiras do Rosal organizan o ‘Mercado do Rosal‘ que dará comezo ás 10:00h ata agotar as existencias.

Ademais, haberá degustación gratuíta de chocolate, café e rosca.

O Belén Artesanal de Alxén, en Salvaterra de Miño, abrirá as súas portas este sábado ás 16:00h.

A exposición podera visitarse ata o día 6 de xaneiro.

Domingo 22 de decembro

A escola Dansá organiza o festival de Nadal que terá lugar no pavillón A Sangriña, no Concello da Guarda.

O festival dará comezo ás 17:00h.

O auditorio do Rosal acollerá o musical «Pinocho, un conto de Nadal». A función dará comezo ás 18:30h.

As entradas teñen un prezo de 4 euros ao mercalas de forma anticipada e 5 euros se se compran na billeteira o propio día do espectáculo.

O Pazo de Mos será o epicentro do Certame de Rondallas que terá lugar este domingo 22 de decembro.

O evento contará coa participación de oito rondallas e dará comezo ás 16:30h.

E de rondallas vai o día! En Nigrán terá lugar o V Certame de Rondallas do Val Miñor, coa participación de catro rondallas.

O evento terá lugar na Ramallosa a partir das 11:00h da mañá.

A Papanoelada Moteira chega a Ponteareas este domingo.

A saída será dende a Casa do Concello ás 16:00h e a chegada realizarase na Praza Bugallar en torno ás 18:00h. Ao remate haberá chocolatada para todos os asistentes.

Tamén en Ponteareas, concretamente no auditorio do Centro Cultural de Xinzo, terá lugar o Concerto de Nadal da Banda de Música Xuvenil de Xinzo acompañada pola coral «Cantares de Xinzo».

O concerto dará comezo ás 18:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS