miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísVolta ás clases con 9.000 estudantes infectados de COVID

Volta ás clases con 9.000 estudantes infectados de COVID

Os mandatarios autonómicos e nacionais insisten en dicir que a volta ao cole deste 10 de xaneiro é segura. Pero esa mensaxe coincide coa previsión de acadar estes días o pico da sexta vaga e con 9.000 estudantes contaxiados de coronavirus.

 Unha aula pecharase neste segundo trimestre do curso cando nela haxa un mínimo de 5 alumnos positivos ou un 20% do total.

En secundaria, os estudantes que foran contactos estreitos dun positivo non farán corentena se teñen a pauta completa e non presentan baixa.

A Consellería de Sanidade asegura que inda quedan puntos dese protocolo sen pechar entre Goberno e comunidades autónomas; por exemplo, a franxa de idade para eliminar as corentenas de toda unha aula cando haxa cinco ou máis positivos, inda que a idea é que sexa a partir de secundaria. 

Ademais dos autotests, Sanidade vai seguir coa vacinación infantil. Entre mañá e o xoves porán as 36.000 doses que teñen previsto recibir hoxe. Neste momento, o 60 % dos menores de 12 anos xa teñen polo menos unha dose, unha porcentaxe que case duplica a media española, que vai no 32 %. Calculan que a mediados de febreiros xa poderían ter todos a pauta completa. .

Os pais e nais teñen á súa disposición test de saliva gratuítos para os seus fillos nas farmacias; un por neno.

A consellería urxe empezar a vacinar ademais o grupo de 30 a 39 anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS