miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 61.000 casos e achégase aos 400 ingresados

Galicia supera os 61.000 casos e achégase aos 400 ingresados

Os casos activos seguen aumentando en Galicia e xa se superan os 61.500 positivos ao ser diagnosticadas 4.106 persoas contaxiadas nas últimas 24 horas. Nos hospitais hai 394 persoas hospitalizadas, tras ingresar 18 persoas na última xornada.

A área sanitaria de Vigo supera os 13.000 casos pero as da Coruña e Santiago xa superan os 11.000 positivos tamén:

Vigo: 13.559 (+283)

A Coruña: 11.597 (+562)

Santiago: 11.355 (+265)

Pontevedra: 7.494 (+140)

Ourense: 7.454 (+290)

Lugo: 6.182 (+211)

Ferrol: 3.994 (+193)

Nos hospitais galegos ingresaron con COVID-19  ata 18 persoas na última xornada; hai agora 394 persoas ingresadas, 243 en planta e 51 en UCI.

O Sergas notificou cinco decesos por mor da covid na última xornada, que alzan a cifra a 2.805 falecementos desde o inicio da pandemia. O máis novo dos 5 tiña 58 anos e finou na área de Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS