miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsO PaísO alumnado voltará ás clases o 10 de xaneiro co 80% vacinado

O alumnado voltará ás clases o 10 de xaneiro co 80% vacinado

Como estaba previsto inicialmente, o estudantado galego voltará ás clases de maneira presencial o 10 de xaneiro. A previsión de Sanidade é que para o vindeiro luns estea vacinado cona primeira dose entre o 80 e o 90% do alumnado de 5 a 11 anos.

O conselleiro de Sanidade:

 Acordo por «unanimidade» do Ministerio de Sanidade coas comunidades autónomas para que a ‘volta ao cole’ tras as vacacións de Nadal se produza nas datas previstas, para o 10 de xaneiro, e que sexa totalmente presencial.

Así o confirmou a ministra de Sanidade, Carolina Darias, na conferencia de prensa posterior á reunión conxunta mantida cos ministros de Educación, Pilar Alegría, e Universidades, Joan Subirats, en que se abordou a continuación das clases no segundo trimestre deste curso 2021-2022 cos conselleiros de materia educativa e universitaria das autonomías.

Durante as últimas semanas, tras o incremento de contaxios pola variante Ómicron, valorábase que se retrasase o reinicio das clases ou se fixese de forma telemática ou semipresencial, pero tanto o Goberno como as autonomías e a comunidade educativa no seu conxunto demandaban a máxima normalidade nos centros educativos, algo que finalmente se produciu.

Segundo afirmou a ministra de Sanidade, garantirase a ventilación cruzada, o uso de máscaras, a apertura de todos os centros educativos e a máxima presencialidade a partir do 10 de xaneiro.

Ademais, intensificarase a comunicación e difusión a toda a comunidade educativa sobre as medidas de prevención, reforzarase a vacinación infantil e reforzarase o cumprimento de todos os protocolos nos centros universitarios e residencias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS