jueves, noviembre 28, 2024
InicioNewsO PaísGalicia prevé 10.000 contratos pola campaña das rebaixas

Galicia prevé 10.000 contratos pola campaña das rebaixas

A campaña de rebaixas suporá para Galicia a creación de 9.850 contratos, un 7,7 % máis que o pasado e similares ás cifras da última campaña prepandémica. As provincias de Pontevedra e A Coruña serán as de maior creación de empregos, especialmente vinculados ao comercio online.

A previsión da compañía de recursos humanos sitúa a Galicia como a sexta comunidade autónoma onde se esperan máis contratos para a campaña de rebaixas deste ano, que estará marcada polo auxe do comercio electrónico e a sexta onda da pandemia.

Por provincias, Pontevedra e A Coruña suman a inmensa maioría dos contratos para a tempada, con 5.740 e 3.040, respectivamente. Por contra, para Ourense espéranse 550 contratos e outros 500 para Lugo.

Os perfís máis demandados para esta campaña son os de dependentes, promotores, comerciais, teleoperadores e azafatas. Ademais, Adecco destaca a demanda asociada ao auxe do comercio en liña, que aumenta a procura de traballadores de preparación e distribución de pedidos, como empaquetadores, mozos, carretilleiros e os denominados «traballadores da última milla».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS