O Partido Socialista de Ponteareas critica, nun comunicado, que os orzamentos que presentará este venres o goberno municipal no pleno municipal non destina ningún tipo de investivemento «nin para o saneamento, nin para auga potable, nin para novas infraestruturas deportivas«, entre outras cuestións.
Neste contexto, a voceira socialista, Vanesa Fernández, insiste en que «o Partido Popular vén de presentar uns orzamentos que non destinan nin un só euro ao saneamento nin a rede de auga potable» e censura que «os orzamentos do Concello para o vindeiro 2025 alcanzan a cifra de 20 millóns de euros nos ingresos e nos gastos, pero apenas se destina un 3% para investimento«.
Ademais, os socialistas aseguran que «non podemos consentir que grazas á presión fiscal que se fai sobre os veciños e as veciñas na recadación de impostos, tan só 600.000 euros se destinen a investimentos para a nosa vila». Isto é, «un 200% menos que o ano pasado«. Pregúntase a voceira do PSOE en Ponteareas, Vanesa Fernández, «mentres nós investiamos millóns en enriquecer ao noso pobol, agora, onde van?».
«Sen saneamento«
O PSOE de Ponteareas critica que as contas que elaborou a área económica do Concello, liderada polo edil popular Francisco Represas, recollen «un aumento no gasto en festas nun 35%» e recolle «131.000 euros en protocolo». Neste contexto, Fernádez ironiza con que «onde queda a promesa da alcaldesa de ter en dous anos o saneamento de Ponteareas?».
Emprego
En materia de emprego, o Partido Socialista de Ponteareas indica que «resulta preocupante» psoto que «eliminan 11 prazas de trabalaldores municipais para que algunha desas funcións as faga unha empresa privada».
Pola vía da urxencia
Ademais, a voceira socialista, Vanesa Fernández, criticou que estas contas se leven a un pleno extraordinario e pola vía da urxencia posto que se trata «dun documento vital para Ponteareas, sen marxe para poder estudalo en profundidade e sen ningunha vontade de chegar a acordos».
Alertan os socialistas sobre o «informe técnico de intervención que sinala o incumprimento da regra de gasto, é dicir, que non podemos gastar por riba da nosa capacidade».
Propaganda
Finalmente, Fernández indica que «nin saneamento, nin auga apotable, nin novas infraestruturas deportivas, nin investimento en cultura, nin parque empresarial» e califica as contas do goberno municipal de «pura propaganda».