Os feitos ocorreron na tarde do día de Noitevella.
Axentes da Policía Local do Porriño procederon á detención de S.A.R., de 61 anos, veciño da localidade por ameazar cun coitelo ao seu pai ancián.
Foi o dono dun bar próximo á casa do pai quen avisou aos axentes do que estaba a suceder, conseguindo ocultar ao home maior no seu establecemento, para que o seu fillo non o localizase e evitar así que atacase ao seu propio pai.
Por este motivo, procedeuse de inmediato ao desprazamento dunha patrulla da Policía Local que conseguiu localizar e deter ao presunto autor dos feitos, que ten varios antecedentes policiais. Este foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro por que presentaba diversos cortes por autolesionarse cun coitelo en diversas partes do corpo.
Unha vez posto a disposición xudicial, o xuíz de garda ditou a súa posta en liberdade e decretou como medida cautelar unha orde de afastamento do fillo ao seu pai.