Varias rotondas e interseccións viarias xa contan cos sinais luminosos instalados
O slogan municipal SOMOSMOS está de moda e conta cunha gran aceptación, popularidade e éxito entre a veciñanza de Mos, facendo crecente o sentimento de pertenza dos veciños e veciñas, que grazas a el ven reforzada a condición identitaria mosense, polo que está a ter unha gran repercusión.
Neste sentido, para reforzar aínda máis ese sentimento veciñal de orgullo de formar parte do pobo de Mos, para dar a benvida ao municipio e tamén con obxectivos informativo e estético de embelecemento dos viarios, o Concello de Mos instalou en 2021 a sinalización de SOMOSMOS en todas as rotondas e interseccións viarias de entrada a Mos, que comezaba a principios de ano pola do Alto de Puxeiros en Tameiga.
E remata o 2021 cos novos letreiros luminosos en Cela-Alto de San Cosme, Louredo-Os Valos, Torroso-Peinador e Guizán-Santiaguiño.
Nas rotondas das Angustias e Costilleta xa se atopaban instalados os sinais de SOMOSMOS desde fai varios anos. No caso da rotonda das Angustias, proxectado nas pantallas da fonte instalada no centro da glorieta