jueves, diciembre 12, 2024
InicioNewsComarcasO X de la Suerte converte a Porriño no centro da boa...

O X de la Suerte converte a Porriño no centro da boa fortuna en Galicia

A falta de doce días para que os nenos e nenas de San Ildefonso canten os números premiados no sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal, o X de la Suerte do Porriño xa esgotou varias terminacións. Xa non quedan números rematados en 7, 13 e 24 nesta administración de lotaría da Louriña que nos últimos dez anos repartiu 30 premios neste sorteo.

A fama do X de la Suerte non é casualidade. É froito de todos eses premios repartidos nos últimos anos, que converten a este establecemento do Porriño no só no que máis premios vende de Galicia, senón nunha das cinco administracións de toda España con máis porcentaxe de premios repartidos en Nadal, por detrás da famosa Doña Manolita de Madrid ou de outras tamén coñecidas coma La Bruixa d´Or en Lleida, Manises en Valencia ou Valdés en Barcelona.

O volume de ventas apreciase desde fai semanas na rúa, pois as colas exceden a porta do local, localizado a escasos metros da casa do Concello do Porriño. Ata alí acode xente de toda a comarca, Galicia e tamén de fora de comunidade autónoma. Tamén venden décimos a toda España a través da súa páxina web. Neste senso, o dono do local, Benjamín Mertínez, explica que o 20.040, que pronosticou a Intelixencia Artificial como o número premiado co Gordo de Nada, está “esgotadísimo”; e que tamén tiveron moita demanda de décimos que comparten con administracións de lotaría de Valencia, recentemente afectada pola DINA.

Aínda faltan dúas semanas para que os bombos boten a xirar no Teatro Real de Madrid, polo que, para que ninguén se quede sen o seu décimo, o X de la Suerte do Porriño ampliou o seu horario e abre todos os días da semana, incluídos domingos e festivos.

O ano pasado repartiu o Gordo, un segundo e catro quintos, e, este ano, espera seguir na mesma senda gañadora. “É difícil superalo, pero non é imposible”, confía Benjamín, que, xunto ao seu pai Andrés, levan unha década convertendo a Porriño no centro neurálxico da boa sorte en Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS