O tren do Nadal da Eurocidade formada polos concellos «raianos» de Tui e de Valença arranca esta fin de semana. Así, as persoas que desexen desfrutar de esta atracción compartida por ambas localidades poderán facelo de xeito gratuito a partir deste venres día 13 de decembro ata o próximo 5 de xaneiro.
Deste xeito, este particular tren une as dúas zonas históricas con parada na Praza da Inmaculada en Tui e nas Portas do Sol así como na Fortaleza de Valença en horario tanto de mañá como de tarde.
Horarios
Desde Valença (hora portuguesa):
- 10:30
- 11:30
- 12:30
- 15:30
- 16:30
- 17:30
- 18:30
Desde Tui (hora española):
- 11:00
- 12:00
- 13:00
- 17:00
- 18:00
- 19:00
Pola súa banda, os horarios de luns a xoves serán os mesmos, pero o tren soamente opera pola tarde, segundo apuntan desde a Cámara Municipal de Valença.