martes, diciembre 24, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra de Miño iniciará un novo obradoiro de emprego

Salvaterra de Miño iniciará un novo obradoiro de emprego

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a clausura do Obradoiro de Emprego “Salvaterra Emprega III”. Neste acto estiveron presentes a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, o equipo directivo e alumnado. Este programa de formación dual impulsado polo Concello de Salvaterra de Miño e en colaboración coa Xunta de Galicia deu emprego a un total de 25 persoas. Ademais, ofreceu formación a 20 cidadanos nas especialidades de forestal e xardinería durante 12 meses.

“Salvaterra Emprega III” é un plan co que se busca fomentar o emprego. Así mesmo, conta cunha financiación de máis de 500.000 euros en colaboración coa Consellería de Promoción o Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. O fin último é mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio.

A través deste obradoiro, o alumnado traballador adquiriu os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que responderán á prestación do servizo. Por outra banda, a próxima semana dará comezo «Salvaterra Emprega IV», un novo obradoiro cunha duración prevista de 9 meses. Neste programa preténdese formar a 20 persoas desempregadas nas mesmas especialidades formativas do ámbito Forestal e de Xardinería.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS