Galicia ten máis de 28.000 casos activos de COVID-19 tras detectar a cifra récord de 3.468 casos nun único día, a tres días de recibir o 2022. As hospitalizacións xa superan as 300 e na última xornada notificáronse 8 novas mortes.
Os casos activos seguen aumentando en Galicia e xa se contabilizan 28.334 persoas con coronavirus.
En canto aos contaxios diarios, estes baten un novo récord, ao detectarse 3.468 novos casos por probas diagnósticas.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:
A Coruña: 4.914 (+429)
Vigo: 7.960 (+535)
Ourense: 3.052 (+278)
Santiago: 4.401 (+589)
Lugo: 2.289 (+184)
Pontevedra: 4.111 (+310)
Ferrol: 1.607 (+213)
Nos hospitais hai 305 persoas. Subiron as persoas ingresadas en UCI (+4) e en planta (+3). Son un total de 305 hospitalizados: Hai 56 persoas ingresadas en coidados intensivos e 249 en planta.
Con todo, o Sergas notificou 8 decesos por mor da covid, que elevan o número de falecementos a 2.753 desde o inicio da pandemia.