lunes, diciembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Teatro Municipal de Tui énchese de maxia e música este Nadal

O Teatro Municipal de Tui énchese de maxia e música este Nadal

Catro son os concertos que dentro da programación de Nadal acollerá o Teatro Municipal de Tui. Con estes catro eventos este espazo encherase da música e da maxia destas festas. A primeira das citas terá lugar este mércores, 11 de decembro, ás 20.00 horas e darán o inicio a este mes de maxia e música no Teatro. O evento será o Concerto Solidario de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui. A entrada, de balde, pódese retirar dende ás 18.00 horas, entregando un quilo de alimentos non perecedoiros, e até completar o aforo.

Ademais, dende hoxe pódense adquirir na páxina web do Concello, tui.gal, as entradas dos próximos eventos. Entre eles están o Concerto de Nadal na Eurocidade “Estrela”, “A historia de Santa Claus” coa Banda de Música Popular de Tui e o Concerto Coral de Nadal.

O sábado 21 de decembro, ás 21.30 horas, será o turno do Concerto de Nadal na Eurocidade. O acto contará coas actuacións de Mistura Vocal, Jazzitive, Coro da Academia Música de Valença e de Dance Sen Fronteiras. As entradas teñen un prezo de entre cinco e sete euros.

A próxima cita será co concerto “A historia de Santa Claus”, da Banda de Música Popular de Tui, e coa participación do grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis, o venres 27 de decembro ás 21.30 horas. As entradas teñen un prezo de entre tres e cinco euros. Xa por último o sábado 28, ás 20.00 horas, terá lugar o Concerto Coral de Nadal. Correrá a cargo das corais Ponte das Febres, San Telmo e Centro Sociocomunitario de Tui. As entradas están dispoñibles a un e tres euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS