domingo, diciembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Garda Civil desmantela un cultivo de marihuana no Rosal e detén...

A Garda Civil desmantela un cultivo de marihuana no Rosal e detén a un home de 52 anos

A Garda Civil vén de desarticular un cultivo de marihuana nunha vivenda do Rosal. No marco desta operación, os axentes detiveron a un home de 52 anos como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

Segundo informaron fontes do caso, a operación iniciouse hai varios meses tras recibir diversas denuncias sobre unha posible plantación na zona. Os axentes do Equipo EBIO da Garda Civil de Tui realizaron diversas xestións e, finalmente, o pasado venres, día 6 de decemebro, levaron a cabo un rexistro nunha vivenda do Rosal.

Unha vez alí, os axentes da Garda Civil entrevistáronse co propietario, quen admitiu ter un galpón con plantas. O home accedeu a entregalas xunto ao material necesario para o seu cultivo, quedando a disposición xudicial nas dependencias do cuartel de Tomiño.

145 plantas de marihuana

Os axentes localizaron 145 plantas de marihuana de diferentes tamaños, así como todo o material necesario para o seu cultivo. Neste contexto, procedeuse a citar como investigado a este varón, de 52 anos, por un presunto delito contra a saúde pública.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS