lunes, diciembre 23, 2024
InicioNewsComarcas"Almorzos Pedagóxicos", a nova proposta do Porriño para mellorar a calidade educativa

«Almorzos Pedagóxicos», a nova proposta do Porriño para mellorar a calidade educativa

O Concello do Porriño deu o pistoletazo de saída a unha nova e prometedora iniciativa, os «Almorzos Pedagóxicos». Estes serán reunións trimestrais entre a administración local e os directores dos centros educativos do municipio. A proposta nace coa intención de manter unha canle constante de diálogo e colaboración. Así mesmo, que as necesidades e desafíos do sector educativo poidan ser abordados de maneira conxunta. En cada un destes encontros, trataranse temas relevantes, desde a xestión de recursos ata as boas prácticas e as ideas innovadoras que poidan enriquecer a calidade educativa no Porriño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia deste novo formato de encontros. Tamén sinalou que esta iniciativa non só axuda a identificar as necesidades dos centros, senón que tamén reforzan a alianza entre a administración local e os equipos educativos. “Gústanos que as cousas non queden en papel mollado ou reunións formais. Queremos traballar de maneira práctica, que o diálogo sexa real, directo e con resultados. Estes almorzos son unha excelente oportunidade para compartir ideas, mellorar o día a día dos nosos colexios e institutos e, sobre todo, apoiar aos nosos docentes e alumnos”, declarou o rexedor.

Os “Almorzos Pedagóxicos” celebraranse de maneira trimestral, e xa se expuxeron novos temas de interese para o seguinte encontro. Estre estes, atópase a creación dun club escolar de lectura do que participen todos os centros. “A idea é que cada reunión sexa unha ocasión para aliñar as políticas locais coas necesidades educativas reais. Desta forma, búscase garantir que os centros conten co respaldo necesario en forma de recursos, apoio institucional e colaboración”, concluíu o alcalde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS