viernes, noviembre 29, 2024
InicioNewsO PaísGalicia celebra un cuarto e un quinto premio na Lotería de...

Galicia celebra un cuarto e un quinto premio na Lotería de Nadal

O Gordo non se detivo este 22 de decembro en Galicia. Caeu no número 86.148, dotado con catro millóns de euros por serie (400.000 euros por décimo) e esquivou Galicia. Tocou en Madrid, Las Palmas de Gran Canaria, Santoña (Cantabria), Ayamonte (Huelva) .

O que si tocou en Galicia foi un cuarto premio do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal, o 91.179. Del vendéronse 92 series do 91.179 na Illa de Arousa e 38 en Caldas de Reis.  Tamén deixou décimos premiados no Porriño, Vigo e A Coruña.

Un dos quintos premios, o 26.711,tamén caeu en Baiona.

Lembremos que os cuartos premios da Lotería de Nadal reparten 20.000 euros por décimo xogado e os quintos, 6.000 euros por décimo.

Un quinto premio do sorteo extraordinario da Lotaría de Nadal, o 24.198, deixou 120.000 euros en Laxe (A Coruña). En concreto, vendéronse dúas series deste premio na avenida de Rosalía de Castro de Laxe, o que supón un total de 120.000 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS