lunes, diciembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA Asociación Dereito a Morrer Dignamente ofrece en Ponteareas unha charla sobre...

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente ofrece en Ponteareas unha charla sobre o testamento vital

O Ateneo Amado Garra organiza unha conferencia para este mércores 11 de decembro, a partir das 20:00 horas, na que a Asociación Dereito a Morrer Dignamente explicará como funciona o testamento vital así como os dereitos sanitarios.

Será na Sala Multiúsos do Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas. Alí, intervirán as médicas Isabel Blanco, quen, ademais, é presidenta da Asociación e Alexandra Sanmarful, vicepresidenta da mesma.

Segundo explican desde o Ateneo Amado Garra, «o testamento vital leva dende comezos do século XXI recoñecido, pero Galicia é un dos lugares onde menos se utiliza como consecuencia da escasa divulgación realizada dende as institucións públicas. Por iso, a Asociación Dereito a Morrer Dignamente ven desenvolvendo estes actos por diferentes localidades do país».

Na conferencia, as especialistas abordarán as cuestións relacionadas coa manifestación de vontade respecto aos coidados que unha persoa quere recibir no final da súa vida ou sobre outras decisións como pode ser a doazón de órganos. Tamén se falará sobre os dereitos sanitarios que teñen que ver co final da vida, como é o caso da eutanasia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS