O BNG de Tui fixo pública a súa decisión de renunciar a calquera tipo de negociación co grupo municipal do PSOE, que goberna en minoría na cidade tudense e que necesita apoios de outras formacións para poder sacar adiante os seus proxectos.
Os nacionalistas, que rexeitaron formar parte dun bipartito tras as eleccións de 2023, chegaron a acordos puntuais cos socialistas que permitiron ao equipo de Enrique Cabaleiro aprobar as dedicacións do seu goberno e os presupostos de 2024. Precisamente os incumprimentos de eses acordos é o que denuncia o BNG, e o que o obriga a romper relacións con PSOE.
“O noso grupo político actuará desde agora como oposición crítica e responsable, centrando os seus esforzos na defenda das propostas incluídas no noso programa ou doutras iniciativas que consideremos positivas para o ben do Concello”, anuncian desde o BNG, apuntando que esta decisión “non é precipitada”.
O BNG apoiou as dedicacións do goberno socialistas en agosto de 2023 e os orzamentos municipais en 2024, logo de varios intentos errados do PSOE. Isto obrigou ao executivo de Cabaleiro a negociar con BNG coma socio preferente, e ambas formacións firmaron pactos que comprometían ao goberno socialista a acometer varias peticións, coma destinar o edificio da rúa Camilo José Cela a sede da Policía Local, entre outros.
“Máis dun ano despois, non se materializou ningún dos acordos. Non só non houbo avances significativos, senón que nestes últimos días anunciouse nos medios que o edificio da rúa Camiño José Cela non será destinado á sede da Policía Local, xustificando o cambio co argumento de que non se pode modificar o uso do inmoble. Este dato, de ser certo, xa debía ser coñecido no momento do pacto e argumentado naquela altura, evitando enganar ao BNG”, explican os nacionalistas.
“Os reiterados incumprimentos dos acordos por parte do PSOE de Tui demostran unha falta absoluta de vontade e seriedade para cumprir cos compromisos adquiridos. Por isto, o BNG de Tui vese obrigado a romper todo tipo de relación preferente con este grupo político e a negarse a negociar calquera tipo de acordo proposto polo grupo municipal”, avisan desde a formación que lidera Carme Núñez.
Pola súa parte, o alcalde socialistas calificou esta decisión como “pouco responsable” e motivada por unha estratexia política “pois non é certo que se esté incumprindo o pacto: o BNG prefira facer pinza co PP a comprometerse nunha acción de goberno maioritaria tal e como pediron os cidadáns nas urnas”, apuntou Cabaleiro. Neste senso cabe recordar que as pasadas eleccións deixaron ao PSOE gobernando en minoría con seis concelleiros, os mesmos que ten o PP; catro ten o BNG e un o grupo independente C21.