Galicia localizou máis de 1.600 novas persoas contaxiadas de COVID-19 mediante probas diagnósticas na última xornada. É a maior cantidade de positivos diagnosticados en 24 horas de toda a pandemia. O récord foi para Vigo, con máis de 400 persoas diagnosticadas este martes.
En total, hai 17.227 persoas con coronavirus en Galicia. Na última xornada foron diagnosticados 1.632 novos casos.
E este récord de casos diagnosticados nun só día débese en boa parte a área de Vigo, onde se localizaron un total de 424 novos positivos:
Vigo: 5.706 (+424)
A Coruña: 2.678 (+148)
Pontevedra: 2.575 (+60)
Ourense: 2.527 (-20)
Santiago: 1.946 (+237)
Lugo: 1.153 (+87)
Ferrol: 642 (+38)
Nos hospitais a presión da COVID-19 baixa: -4 en UCI e -5 en planta. Arestora hai 46 persoas en coidados intensivos e 228 en planta por coronavirus. En total, hai 274 hospitalizacións en Galicia.
O Sergas comunicaba 5 decesos por mor da covid na última xornada, o que alza o número a 2.735 falecementos desde o inicio da pandemia.