Atende tanto as persoas que demandan o servizo gratuito de bicicletas como as que solicitan información sobre o municipio.
A nova oficina de turismo de Salvaterra de Miño arranca, dende hai pucas semanas, cun novo acondicionamento e imaxe, baixo a marca Río Minho encaixada dentro do Proxecto Europeo Miño Destino Navegable. Nesta oficina aténdense tantoá veciñanza da localidade que buscan dar un paseo polos sendeiros fluviais como aos visitantes e turistas que queren coñecer Salvaterra de Miño co servizo gratuiro de bicicletas. «A conxunción de ambos servizos fai que esta oficina recibira a 2.461 persoas durante os meses de agosto, setembro, outubro e mediados de novembro», explican dende a administración local, «sendo esta cifra chave para continuar mantendo estes servizos durante os meses de inverno».
Nesta Oficina de Turismo Municipal, ademais de información turística sobre Salvaterra de Miño, «podemos asesorarnos sobre outros municipios da contorna xa que se conta con material turístico de Turismo Rías Baixas, do noso xeodestino Condado-Paradanta e tamén do conxunto de municipios transfronteirizos que conforman a marca Río Minho entre outros», explican dende o Concello, porque «é á única Oficina de Turismo do Condado-Paradanta aberta durante todo ó ano».
«Moitas son as familias que se achegan ata ó Parque A Canuda, sendo na fin de semana á maior afluencia destas. Porén deciden dar un paseo polo noso carril bici ,coa novidade deste ano, os novos porta bebés e que dende hai pouco tempo tamén contamos con préstamo de casco para eles. Esta iniciativa de servizo gratuíto de bicicletas é exclusivo en Galicia. Servizo moi valorado entre o veciños de Salvaterra e mesmo de Vigo», fai saber nun comunicado a administración local.
Deste xeito, o Concello de Salvaterra de Miño mantén a súa aposta polo sector turístico como promotor económico nestas iniciativas, «posto que permite que moitos visitantes decidan coller á bicicleta pola mañá, quedarse a xantar en Salvaterra de Miño e entregalas bicicletas pola tarde».
Estos son os horarios:
O horario da Oficina de Turismo é sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00h e de 16.00 a 19.30h.
O horario do servizo gratuíto de bicicletas é sábados, domingos e festivos de 10 a 13:30h e de 16:00 a 19:00h. (é recomendable que tódolos menores de 16 anos traian o seu propio casco de protección para poder empregala bicicleta. Os menores de idade precisan consentimento dun titor legal.)
O día 25 de decembro e 6 de xaneiro ambos servicios permanecerán pechados. O día 1 de xaneiro abertos.
Para mais información no teléfono 699.090.991 ou turismo2@concellodesalvaterra.org