jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsComarcasO Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de Salceda estrea segunda planta

O Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de Salceda estrea segunda planta

O Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de San Xurxo en Salceda de Caselas, xestionado por AFAGA, ten xa as súas dúas plantas operativas. A segunda planta foi habilitada polo Obradoiro Dual de carpintería e albanelería, que vén de rematar fai uns días. Esta fase corresponde coa segunda de rehabilitación da antiga casa-escola de Vendanova.

O alumnado do obradoiro de emprego realizou as tarefas de albanelería interior e colocación de illamentos e impermeabilizacións. Tamén desenvolveu traballos de revestimentos e acabados, así como a carpintería interior de madeira. Deste xeito, esta nova instalación inclúe unha sala polivalente, dous despachos e sala de espera. Esta segunda planta completarase coa instalación do elevador que xa está en marcha dentro do Plan Máis Provincia 2024.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, asegurou que “co traballo realizado por este obradoiro conseguimos diferentes obxectivos. Logramos dar emprego e formación a 20 persoas do noso Concello e recuperar o noso patrimonio. Neste caso tamén a segunda planta da antiga escola de San Xurxo e xerar máis servizos para os e as nosas persoas maiores. Seguimos adiante ca nosa liña de traballo e cumprindo o obxectivo de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas

O CEN está xestionado pola Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias. Conta con 10 prazas de atención a persoas diagnosticadas que neste momento están todas cubertas. Non obstante, tamén desenvolven talleres preventivos para maiores sen ningún tipo de demencia, que cada ano atenden a máis de 30 persoas. Con esta nova planta, AFAGA poderá incrementar os servizos ofrecidos ás familias. Ademais, desta forma será unha atención máis individual e levarán a cabo outro tipo de accións diferentes das que viña realizando ata o de agora. Así mesmo, mellorando a atención e soporte familiar a demanda que se vén realizando por parte dunha traballadora social e unha psicóloga.

O Obradoiro Dual de Emprego “Reformas e melloras de centros formativos e cívicos” desenvolveuse entre novembro de 2023 e novembro de 2024. Estivo formando a 10 persoas en albanelería e outras 10 en carpintería con un contrato remunerado. O Obradoiro contou con un orzamento de 531.046,20 euros subvencionados pola Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade da Xunta de Galicia. Ademais desta rehabilitación supuxo a creación dun espazo de lacado e vernizado no CDL O Torrón. Tamén a instalación de diferentes armarios no Centro Social A Devesa e a reforma da oficina de dirección do CDL O Torrón.

A concelleira de Benestar Social, Selene González, definiu este proxecto como “unha obra necesaria que permite mellorar instalacións e facelas accesibles. Isto para seguir aumentando os servizos que tanto precisa a nosa sociedade” lembrando que “previr e acompañar no proceso de envellecemento e da aparición de demencias na nosa sociedade é unha prioridade para este goberno”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS