miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidadeMercar no comercio local do Porriño ten premio

Mercar no comercio local do Porriño ten premio

O Porriño presenta a campaña «O teu Nadal nos comercios do Porriño«, impulsada por CCA Morea en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia que ten como obxectivo incentivar as compras de Nadal no comercio local.

A campaña comeza hoxe, 5 de decembro, e estará vixente ata o 10 de xaneiro, ofrecendo aos consumidores un atractivo adicional para as súas compras de Nadal. A iniciativa ofrece un total de 3.000 euros en premios outorgados a través de 50 cheques-agasallo de 60 euros cada un, que poderán ser empregados nos establecementos da vila asociados a CCA Morea.

No momento de realizar unha compra nos comercios participantes, o cliente recibirá de forma gratuíta unha rifa, que deberán completar cos seus datos de contacto e asegurarse de que estea selado polo establecemento. Os sorteos realizaranse dende o 20 de decembro ata o 15 de xaneiro. As bases do concurso están dispoñibles en todos os establecementos participantes.

«Queremos que a xente se sinta motivada a comprar nos nosos comercios. Non só levarán a casa produtos únicos e de calidade, senón que tamén terán a oportunidade de gañar premios. É unha forma de agradecer aos nosos clientes polo apoio que sempre nos brindan» asegura Juana Pérez, presidenta da CCA Morea Acipor.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, animou «a todo o mundo a unirse aesta iniciativa. É fundamental apoiar aos nosos comerciantes locais, especialmente nestas datas tan significativas. Cada compra que facemos en Porriño non só beneficia aos nosos negocios, senón que tamén fortalece o tecido social e comercial do noso pobo. En definitiva, benefícianos a todos”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS