jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsComarcasPiden acceso ao censo do refuxio da Madroa ante "as denuncias de...

Piden acceso ao censo do refuxio da Madroa ante «as denuncias de sacrificios inxustificados de animais»

O Bloque Nacionalista Galego pide acceso ao censo do Centro Municipal de Protección Animal da Madroa «ante as denuncias recibidas pola fronte nacionalista que alertan de sacrificios inxustificados de animais«, tal e como explican nun comunicado. Os nacionalistas alerta así de que «a xestión do recinto volveuse opaca depois a decisión do Goberno de Abel Caballero de privatizar o servizo o pasado 1 de setembro a mans da empresa Servigal».

“O BNG vimos de recibir informacións a nivel cidadá que apuntan a que se poderían estar producindo sacrificios a través do abuso da eutanasia veterinaria, aplicando criterios como o da idade ou a longa estadía do animal no propio refuxio”, advertiu o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

O voceiro nacionalista indica que se trata dunha situación que de confirmarse «constituiría unha grave vulneración da normativa de benestar animal, tanto da ordenanza municipal como das leis galega e estatal» polo que “o Concello non pode permitir nin tolerar esta práctica cruel”.

Diante destes indicios, o BNG vén de rexistrar a solicitude para que se lle facilite toda a relación de cambios no censo de animales acollidos no refuxio da Madroa dende a entrada de Servigal, así como os certificados de baixa rexistral dos animais sacrificados xunto cos documentos que xustifiquen a aplicación da eutanasia veterinaria.

“Sería aberrante e algo totalmente inaceptábel que nun Centro Municipal de Protección Animal estean a ser sacrificados cans de maneira arbitraria e en contra do previsto legalmente, polo que urximos ao Goberno de Caballero a facilitar toda esa información e a actuar con absoluta firmeza de se confirmar estes gravísimos feitos”, reclamou Igrexas, poñendo en valor a “crecente sensibilidade das viguesas e vigueses en favor dos dereitos e benestar dos animais«.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS