Salvaterra de Miño acollerá un Concerto de Nadal que terá lugar o sábado 21 de decembro na Igrexa Parroquial de San Lourenzo ás 20:00h.
O evento contará coa actuación de catro corais da provincia de Pontevedra e unha de portugal, ademais, dúas delas do Concello de Salvaterra de Miño.
As corais que interpretarán os seus temas neste concerto de Nadal serán: a Coral Polifónica de Tomiño, a Coral Polifónica Frol Nova de Chapela, a Coral Brigantino de Bragança, o Coro Cantemos de Salvaterra e o Coro Lacedurium tamén de Salvaterra.
Un evento único que será unha xornada de convivio para todas as corais e un día de desfrute para o público que se achegue a desfrutalo.