miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidadeA ponte de decembro chega ás comarcas cargada de actividades para todos...

A ponte de decembro chega ás comarcas cargada de actividades para todos os públicos

Venres 6 de decembro

Salvaterra de Miño acollerá os días 6, 7 e 8 de decembro a X Edición da Festa do Viño Espumoso, cos viños espumosos como grandes protagonistas das xornadas, acompañados de gastronomía, música, brindis e shows.

O ‘Circo de Pinocho’ aterra esta fin de semana no Concello de Tomiño. Os días 6, 7 e 8 a carpa de Educateatro estará instalada na Avenida Gondomar para o desfrute de grandes e pequenos.

As entradas poden adquirise na seguinte ligazón a partir dos 11,60 euros.

O Concello do Rosal acollerá o mercado de nadal os días 6,7 e 8 de decembro na sala de exposicións do municipio.

O horario será de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. A entrada é de balde e pola tarde haberá chocolate para os asistentes.

O Concello da Guarda oferta visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Tegra para os días 6, 7 e 8 de decembro.

Non é preciso inscribirse previamente.

Sábado 7 de decembro

No Concello da Guarda poderase visitar o Belén Articulado creado por Genaro Alonso Martínez.

O belén estará ubicado na planta baixa da Casa dos Alonsos e poderá visitarse en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h a partir do xoves 5 de xaneiro.

O auditorio municipal de As Neves acollerá a proxección da película ‘A viaxe de Lucy’, dentro do Ciclo Mestre Mateo impulsado pola Deputación de Pontevedra e o Concello das Neves.

A entrada é de balde e a proxección comezará ás 20:00h.

O Concello de Tui organiza un obradoiro de xabóns de Nadal no mercado de San Antonio impartido por Essentia HM na tarde do sábado 7 de decembro.

O taller é de balde mais é preciso inscribirse previamente.

Tamén en Tui, poderase desfrutar dos petiscos gratuítos ofrecidos pola foodtruck de ‘Galicia sabe a Mar’.

A furgoneta estará xunto ao Mercado de San Antonio de 12:00h a 15:00h e de 17:00h a 20:00h.

O Concello de Nigrán acollerá a obra de teatro «Molto Barroco» da compañía Piscore.

A entrada é de balde e a función comezará ás 20:00h no Auditorio Municipal de Nigrán.

Mondariz acollerá o Concerto de Santa Icía da BMCM que se realizará ás 20:00h no Auditorio de Mondariz.

De seguido, haberá unha cea no Hotel Balneario de Mondariz cun custe a partir dos 40 euros.

Domingo 8 de decembro

A parroquia de Lira, en Salvaterra de Miño, celebra o XII Concerto de Nadal de Lira. A partir das 18:00h na Casa Cultural de Lira.

A parroquia de Herville, en Mos, inaugura o seu belén de 70 metros cadrados.

A exposición estará aberta ata o 11 de xaneiro e a entrada é de balde.

A Rondalla de Pontellas realizará un desfile polas rúas de Salceda de Caselas ás 17:00h e posteriormente actuará na Praza do Concello ás 17:30h.

Posteriormente, o Concello de Ponteareas acollerá tamén a actuación da Rondalla de Pontellas.

O espectáculo dará comezo ás 18:00h na Praza Maior.

O Serradoiro dos Carranos, en Covelo, organiza unha xornada de portas abertas con 4 pases guiados.

É preciso inscribirse previamente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS