miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsA terraNuria Garrido, gañadora de dous premios na Vigo Barber Battle: "A barbería...

Nuria Garrido, gañadora de dous premios na Vigo Barber Battle: «A barbería é un mundo que tamén é para mulleres»

O «evento de Barbería máis importante de Galicia» chegou o pasado domingo a Vigo. A ‘Vigo Barber Battle‘, un concurso onde profesionais do sector competiron entre si ante xuices moi recoñecidos na área dos peiteados.

O concurso estivo dividido en tres categorías: Futuras Promesas, para barbeiros e barbeiras con menos de 2 anos de experiencia; Free Style enfocada aos profesionais máis creativos e Fast Fade, para aqueles e aquelas peiteadoras capaces de facer cortes rápidos e precisos.

Foron case 60 participantes os que se presentaron á competición, e entre os que había tan só dúas mulleres. Raquel Caride, residente en Vigo e Nuria Garrido, de Salvaterra de Miño.

Os micrófonos azuis de Si Radio abrénse para falar con Nuria Garrido, barbeira de Salvaterra de Miño que se presentou ao concurso nas categorías de Futuras Promesas e Fast Fade e nas que acadou o segundo e terceiro premio respectivamente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS