viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaA Policía Local de Mos renova o seu parque móbil apostando pola...

A Policía Local de Mos renova o seu parque móbil apostando pola sostibilidade

A nova adquisición, o terceiro vehículo neste último ano, é un modelo híbrido non enchufables con etiqueta ambiental ECO

O goberno local de Mos leva a cabo a renovación da frota de vehículos da Policía Local coa adquisición, mediante renting, dun novo vehículo Suv Híbrido concedido grazas á subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Dirección Xeral de Administración Local da vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, por importe de 33.152 euros e fondos propios do Concello.

Este únese a outro vehículo de iguais características adquirido o ano pasado mediante o mesmo sistema de renting e grazas á mesma subvención.

Esta modalidade de alugueiro supón unha vantaxe porque inclúe o mantemento integral, reparación e seguro a todo risco durante o período do contrato.

Estes dous vehículos cuxas características técnicas, entre outras, son: híbrido non enchufable con etiqueta ambiental ECO, favorecerán as intervencións dos axentes encamiñadas á protección do medio ambiente e a contorna natural, propósito que garante a etiqueta ECO. O Concello mantén así o seu interese e propósito de loitar contra o cambio climático e reducir as emisións de CO2 e por unha mobilidade sostible.

O ano pasado tamén se adquiriu mediante unha subvención da Vicepresidencia da Xunta e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de 31.832,52 euros, unha furgoneta totalmente equipada para atestados.

No ano 2015 o goberno local iniciou a renovación da frota policial coa cesión, desde a mesma Consellería, dunha motocicleta Yamaha XT 660 R, e no 2016 mediante unha subvención adquiriu un Citroen Cactus.

Con esta última incorporación a alcaldesa de Nidia Arévalo cumpre “coa modernización da Policía Local iniciada nos últimos anos, coa incorporación de novos axentes, a dotación de material policial actualizado e a inauguración de novas instalacións. Mellorando substancialmente as condicións en que prestan servizo os axentes e a seguridade da veciñanza”, sinalan fontes municipais.

Renovación total

Foi a antigüidade dos vehículos o que levou ao concello mosense á renovación total da frota que constaba dun Citroen Xsara, un Nissan Qashqai e un Renault Megane de máis de 20 anos algún deles, con bastantes problemas e deteriorados polo uso, feitos que ocasionaban un gasto continuo en mantemento e reparacións.
Os vehículos superan os 200.000 quilómetros e nalgún dos casos os 360.000, sendo a súa matriculación no 2000, datos que evidencian a necesidade de renovar o parque móbil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS