A bodega galega, Martín Códax, vén de ser galardoada como premio á «Mellor Experiencia Enoturística» nos Premios International Wine Challenge 2024 durante a gala celebrada o pasado luns en Madrid.
O recoñecemento pretende por en valor a excelencia da proposta enoturística que ofrece a adega ‘Os Xoves de Códax‘, un ciclo de concertos que combina música, solidariedade e unha experiencia única onde todo xira en torno ao viño.
Este galardón é un dos que suma a empresa no ámbito enoturismo xunto a outros como ‘Mellor Proxecto de Enoturismo do ano 2022‘ nos Premios Verema ou o recoñecemento como ‘Mellor Bodega Aberta ao Enoturismo 2022‘, outorgado por Rutas del Vino de España y ACEVIN.
Os Xoves de Códax
A iniciativa ‘Os Xoves de Códax’ trátase dun ciclo de concertos que se celebra na terraza da bodega con vistas a un enclave único, a Ría de Arousa. Este ciclo musical pretende «reforzar o compromiso da bodega coa cultura, a música e o seu colectivo ofrecendo unha fusión única de estilos interpretados por recoñecidos artistas nacionais» aseguran dende a directiva.
Ademais, ten un fin solidario. A iniciativa enmárcase no compromiso de sostenibilidade social e económica de Bodegas Martín Códax co seu entorno. A recadación obtida con cada edición destínase íntegramente a proxectos sociais seleccionados previamente por un Comité da Bodega. Dende o inicio do programa distribuíronse máis de 270.000 euros entre diferentes asociacións solidarias.
Dende a súa fundación, «Bodegas Martín Códax pretende acercar o mundo do viño aos visitantes a través de experiencias enoturísticas» aseguran. Deste xeito, a bodega tamén ofrece visitas guiadas, catas e eventos relacionados coa gastronomía.