Tras o éxito da primeira edición, o Concello de Ponteareas presentou a segunda edición de Talento Xove. “Máis de 300 participantes en 10 disciplinas diferentes deron lugar o ano pasado a unha exposición cultural e artística nunca antes vista na nosa vila. A nosa mocidade demostrou que con espazos para a sua creación, responde con creces” salientou o concelleiro de Xuventude, Cristian Montes, durante súa intervención.
No acto de presentación a alcaldesa, Nava Castro, e o concelleiro de Xuventude estiveron acompañados da directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses. A directora destacou a importancia desta iniciativa promovendo a participación e poñendo en valor do talento da mocidade ponteareán. Isto sendo unha plataforma de lanzamento que conecta co concurso Xuventude Crea, “exemplo disto Uxía Loureiro, gañadora do Talento Xove. A semana pasada Loureiro foi gañadora na categoria moda de Xuventude Crea e Anxo Muíños gañador na categoría de DJs”.
Esta segunda edición trae novidades como a creación de tres novas disciplinas, a de monólogos, deseño de xoias e DJs. Para promover a participación o Concello organizará talleres que dinamicen estas modalidades. A alcaldesa, Nava Castro, adianta que “é imprescindible que a nivel político manteñamos estos espazos. Ademais, avanzar cada vez na creación de novos recursos para que a mocidade de Ponteareas e a súa comarca siga medrando artísticamente e culturalmente.”
Talento Xove 2025
O Talento Xove 2025 tentará superar a primeira edición en 2024 e conta con acordos cos concellos do Condado Mondariz, Salvaterra, Mondariz Balneario e As neves. O obxectivo é crear un Talento Xove “máis forte e que amplie a súa cobertura”. Coa presentación a concellería de Xuventude abre a inscrición para a segunda edición de Talento Xove que terá un prazo de inscrición ata o 30 de xaneiro.
A inscrición poderase facer de maneira presencial na Omix de Ponteares ou no espacio xove de cada localidade participante no concurso. Tamén vía correo electrónico en xuventude@ponteareas.gal e este ano incorpórase a inscrición telematica a través da web ponteareas.gal. O prazo de entrega de proxectos será ata o 15 de marzo e poderán facelo da mesma maneira que a inscrición.
A continuación virán as fases previas e finais coas exposicións abertas ao público e actuacións en directo que se realizarán nos meses de abril e maio para rematar coa entregas de premios a finais de maio.