A tempada de Nadal xa comezou. As luces de cidades e pobos xa están listas e as panxoliñas ambientan as rúa de toda Galicia. De igual forma, e como é tradición, os Mercadillos do Nadal tamén están listos para ser os grandes protagonistas das próximas semanas. No caso de Arbo, os días 7 e 8 de decembro case unha treintena de postos volverán encher a Praza do Concello de todo tipo de adornos. Dentro da oferta encóntranse desde coroas de flores a grilandas a fervenzas luminosas, figuras de artesanais ou antigüidades.
Polo que a V ArboNadal destaca dentro deste ambiente festivo. Este evento organizado polo Concello de Arbo e creado fai cinco anos ten por obxectivo promocionar e potenciar os recursos culturais e patrimoniais da vila. Está dirixida a artesáns, anticuarios, asociacións, ONGs e establecementos comerciais.
Porgramación do V ArboNadal
Durante todo o fin de semana poderase pasear polas rúas de Arbo, facer as compras no comercio local, degustar a gastronomía da vila e desfrutar da programación infantil e musical. ArboNadal comezará este sábado, 7 de decembro, ás 11.30 horas coa apertura de postos. No mercadillo haberá seccións de artesanía, segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas e decoración do Nadal, entre outros.
Ademais, ás 12.30 horas terá lugar a inauguración do “Belén de Arbo”, na Praza do Mercado. Na programación da tarde, ás 16.30 horas será o turno da festa infantil con xogos, música e moitas sorpresas. Por último, ás 17.30 horas haberá unha visita dos personaxes Disney e ás 19.00 horas pecharán os postos ata o día seguinte.
A programación do domingo, 8 de decembro, comezará a mesma hora, 11.30 horas, coa apertura dos postos do ArboNadal na Praza do Concello. A continuación, ás 12.00 horas, haberá unha actuación do Grupo Folclórico A.C Barca de Loimil. Por último, ás 18.30 horas será o peche dos postos.