O Concello da Cañiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes promoven a campaña «A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal». O alcalde, Luis Piña, e a directiva desta asociación da Cañiza presentaron na tarde esta última edición da campaña de impulso e fidelización do comercio local. Este programa ten como obxectivo reactivar e dinamizar o consumo local. Así mesmo, incentivar e afianzar a clientela «do pequeno e mediano comercio de sempre, cercano e comprometido».
A campaña consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio 4.000 euros en vales de compra. O requisito é que fagan compras por un importe de 20 euros. 500 euros están doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.500 euros aportados polo Concello.
A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2024 e xaneiro de 2025. Os sorteos realizaranse os días 13 e 27 de decembro e os días 10 e 24 de xaneiro de 2025. En cada sorteo están distribuidos 20 premios de 50 euros cada un, en vales de 10 euros. Os vales poderanse empregar ata o día 29 de febreiro do 2025, nos establecementos adheridos.
O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale, 10 euros. Queda prohibida a devolución monetaria do mesmo. As Bases da campaña pódense consultar na web municipal: www.caniza.org