viernes, noviembre 29, 2024
InicioComarcasLouriñaMos, no podio internacional dos xardíns

Mos, no podio internacional dos xardíns

O Concello homenaxea a Viveiros Adoa tralo primeiro premio acadado no Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima

“O diálogo” foi o proxecto gañador deseñado pola arquitecta paisaxista Magda Janvova
A corporación municipal encabezada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo rendeu na mañá de hoxe homenaxe á empresa Viveiros Adoa, representada nas persoas de Raúl González e Magda Jandova.
Adoa centros de xardinería obtivo o pasado mes novembro o primeiro premio da 16 Edición do Festival Internacional de Xardíns de Ponte da Lima, un referente a nivel mundial en deseño neste sector da xardinaría .
ADOA, empresa afincada no Concello de Mos, dende fai máis de 30 anos ven asesorando e realizando os xardíns de centos de clientes e consta dun equipo humano de máis de 40 persoas encabezado polo seu xerente e propietario Raúl González .
Destaca o traballo de Magda Jandova, arquitecta paisaxista da empresa a cal realizou o deseño do proxecto titulado «O diálogo», dentro do tema elixido para este ano no certame «As relixións do mundo».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS