jueves, diciembre 5, 2024
InicioNewsLove of Lesbian, Carolina Durante, Dani Fernández e Ducan Dhu actuarán no...

Love of Lesbian, Carolina Durante, Dani Fernández e Ducan Dhu actuarán no Caudal Fest do 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe na presentación do cartel da nova edición do Caudal Fest, que «un ano máis contará co apoio da Xunta de Galicia na súa estratexia por impulsar grandes espectáculos musicais e festivais como reclamo turístico das cidades e concellos galegos», segundo apuntan desde a administración autonómica.

A vindeira edición celebrarase os días 19 e 20 de setembro e hoxe confirmáronse algúns dos concertos previstos, nos que se inclúen Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante, Duncan Dhu ou Marlon. Tamén se confirmaron hoxe as actuacións de Niña Polaca, Alcalá Norte, Elyella, The Rapants, Carlos Ares, Dollar Selmouni, Merino ou Chicle. Está previsto que haxa máis artistas por confirmar. 

Impulso ao turismo de Lugo

O apoio ao Caudal Fest enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por impulsar o turismo da provincia de Lugo e da cidade a través de distintas iniciativas. De feito, Turismo de Galicia leva investidos ao redor de 1,8M€ en nutrir a oferta de espectáculos e ocio de Lugo e a súa provincia.

Entre outras citas financiadas pola Xunta de Galicia estivo a de Abraham Cupeiro, o espectáculo Acustiquísimos, o Galicia Ilusiona, entre outros na cidade da Muralla, as que se suma o apoio a festividades como o Arde Lucus e o San Froilán nas súas condicións de festas de interese turístico. Na provincia, tamén apoia iniciaitivas como o Esmorga Fest en Sarria, o Vendaval Fest en Ribadeo, o Resurrection en Viveiro e Osa do Mar de Burela, entre outras.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS