jueves, diciembre 5, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra inicia as obras de humanización da rúa Forca por máis de...

Salvaterra inicia as obras de humanización da rúa Forca por máis de 540.000 euros

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, xunto ó concelleiro de Obras, Ernesto Groba, supervisan o inicio das obras en rúa Forca. Unha obra financiada a través do Programa Provincial de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a execución da Axenda 2030 da Deputación de Pontevedra. Esta vía de financiamento corresponde a 432.332,88 euros. Ademais, a obra está cofinanciada polo Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan + Provincia, por un importe de 108.083,22 euros.

Esta actuación enmarcase dentro da liña 3 do PON2030, na recuperación, mellora, urbanización ou reurbanización de espazos públicos. O obxectivo é darlles un uso plural, amable e de fomentar a estancia e as movilidades alternativas. Isto na liña de cumprimento dos Principios Ágora, establecidos pola Deputación de Pontevedra na Rede de Concellos Ágora polo Espazo Público.

Este proxecto busca a humanización de espazos onde o peón gañe protagonismo, aumentando o espazo peonil. Tamén contribuido a unha economía descarbonizada mediante a eliminación de emisión de dióxido de carbono. Desta forma segue a consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030. Todo isto coa demolición das beirarrúas existentes, para a construcción dunhas novas. Así lograrase unha anchura continua e axeitada á normativa vixente en materia de accesibilidade.

Traballos de humanización na rúa Forca e Rosalía de Castro

A zona de actuación conta cunha lonxitude de 126 metros na rúa Forca. Ademais de 77 metros en Rosalía de Castro, cun ancho variable entre os 4,50 e os 18 metros. Segundo as características da rúa que serve de atallo para os vehículos que tratan de saír ou entrar en Salvaterra dende a estrada de Ponteareas, proponse a eliminación do tráfico e a humanización de dita rúa.

Por outra parte, na rúa Rosalía de Castro preténdese gañar espazo para o peón coa creación de beirarrúas cun ancho mínimo de 2,5 metros. Proponse a ampliación das beirarrúas e a reducción do ancho da calzada, seguindo os criterios para a redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos.

Como pavimento na zona de vehículos de Rosalía de Castro plantéxase unha solución en mestura bituminosa en quente. Para as beirarrúas proponse un pavimento de lousa de pedra granítica en cor con dimensión de 60x40x8 centímetros. Para dar cumprimento á normativa de accesibilidade disporase dun pavimento podotáctil con lousa grabada con resaltos cilíndricos tipo botón e resaltos rectangulares tipo pastillas.

Na rúa Forca eliminarase o pavimento bituminoso existente e substituirase polo pavimento de lousa granítica e un eixo central en formigón coreado cepillado. O obxectivo é priorizar o uso peonil, pero respectando en todo momento a entrada de vehículos as vivendas.

Instalaranse novas luminarias LED sobre báculo para a iluminación da rúa Forca e renovaranse as tubaxes de saneamento e abastecemento. Tamén levarase a cabo o soterramento de liñas de telecomunicación, baixa tensión e o alumeado e telecomunicacións municipais. A actuación completarase coa colocación de mobiliario urbano composto por bancos e xardineiras.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS