miércoles, diciembre 4, 2024
InicioO PaísA CoruñaGalicia acada máximos históricos con 12,4 millóns de noites en aloxamentos turísticos

Galicia acada máximos históricos con 12,4 millóns de noites en aloxamentos turísticos

Galicia supera por primeira vez os 12,4 millóns de noites realizadas por viaxeiros aloxados en establecementos da Comunidade nos dez primeiros meses do ano. Así o recolle os datos feitos públicos hoxe polo INE nos que rexistran 6.641.932 viaxeiros neste período. Isto supón un incremento do 1,4% con respecto ao mesmo de 2023. O número de noites foron 12.442.445, confirmándose ademais 66.000 novas noites con respecto do nivel do pasado ano.

En canto á distribución da demanda, o 71% corresponde ao segmento hoteleiro cun 57% en hoteis e un 14% en pensións. O 29% restante estaría no extrahoteleiro co 10,8% en albergues, o 9,7% en cámpings, o 5,7% en apartamentos turísticos e o 3% en turismo rural. Medran con respecto ao mesmo período de 2023, o número de noites en hoteis, nas pensións e no segmento de turismo rural.

A nivel de mercados, o internacional absorbe o 31% do total da demanda mentres que o 69% corresponde a turismo de ámbito nacional. No que atinxe a demanda, o internacional presenta un mellor comportamento cun crecemento do 3,8%. Ademais, case 3,9 millóns de noites en aloxamentos galegos, máximo da serie histórica deste período de 10 meses.

En canto ao gasto do viaxeiro internacional, no primeiro semestre deste ano, o últimos datos dispoñibles ata o de agora, este acadou unha cifra de máis de 110 euros diarios, o que supón un incremento do 16,9%. Estas cifras repercutiron no aumento dos niveis de rendibilidade hoteleira nos 10 primeiros meses do ano, que sobe un 7%. Estímase que o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos totais nominais de máis de 390 millóns de euros neste período.

Datos do turismo en outubro

En relación ao comportamento específico rexistrado o pasado mes de outubro no conxunto dos aloxamentos turísticos, Galicia supera por segundo ano consecutivo os 1,1 millóns de noites. Isto supón un incremento do 19,5% con respecto á demanda previa á pandemia en 2019.

En total, aloxáronse na Comunidade galega 657.287 viaxeiros, dos cales o 82% fixérono no segmento hoteleiro. Isto é, hoteis e pensións e o 18% en extrahoteleiro, é dicir, en apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues.

En canto á demanda dese mes, o 39% corresponde ao turismo internacional que medra un 6% con respecto ao mes anterior. Tamén gana peso con respecto ao mesmo indicador de 2023, concretamente, dous puntos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS