A novena edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra, Novos Cinemas, celebrarase dende o 10 ao 15 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra.
Esta nova edición contará con 39 longametraxes que competirán nas súas tres seccións: Oficial, Latexos e Ceres, esta última destinada a proxectos de centros formativos. Ademais, entre as obras, destacan 9 estrenos mundiales, 2 internacionales, 10 en España y 12 en Galicia.
A sección Oficial aborda cuestións como a memoria, os erros ou as dinámicas familiares interxeneracionais. Nela competirán nove filmes.
Pola súa banda, a sección Latexos incide nun enfoque transfresos e proxectará catro películas centradas en temas como o imaxinario feminino ou os cambios nos barrios urbanos.
Por último, a sección Ceres, inaugurada este mes mesmo ano, presentará catro curtametraxes realizadas en centros formativos de España e Portugal como ‘Gralla’, da Facultade de Comunicación da UVigo, e ‘Rostos de casa’, da Universidade Católica Portuguesa.
As proxeccións das películas realizarase no Teatro Principal de Pontevedra e as entradas poden adquirirse na web de A Taquilla dende 3,50 euros. Tamén haberá entradas dispoñibles na billeteira unha hora antes de cada proxección.