jueves, diciembre 5, 2024
InicioNewsActualidadeO Concello de Ponteareas engalana os comercios da vila

O Concello de Ponteareas engalana os comercios da vila

O Concello de Ponteareas estrea a súa campaña «Comercio de Nadal» promovida pola concellería de Comercio e invita aos comercios da vila a engalanar as súas fachadas co fin de contribuír no embelecemento da vila e activar así o comercio local.

A Concellería de Comercio facilitará aos establecementos interesados a estrutura e as guirnaldas verdes de brezo natural para poder enmarcar as súas entradas, así como outros materiais co obxectivo de homoxenizar a decoración de nadal en todo o municipio.

O concelleiro de Comercio, Ricardo González, agradece «a colaboración das asociacións de comerciantes Banastra e Tea na difusión desta iniciativa entre os seus asociados» e salienta a «importancia de contar co apoio e colaboración destas dúas asociacións que engloban a unha gran parte dos establecementos de Ponteareas«.

“Unirnos e desenvolver campañas todas e todos xuntos cun mesmo fin, promover o
noso tecido comercial e a nosa vila é o obxectivo desta iniciativa que tamén chega á
praza de abastos. Un mesmo deseño que nos unifique e que cree unha ruta que
percorrer convidará a achegarse a Ponteareas
” asegura o edil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS