jueves, diciembre 5, 2024
InicioO PaísA CoruñaAna Pontón reelixida como portavoz nacional do BNG

Ana Pontón reelixida como portavoz nacional do BNG

A militancia do Bloque Nacionalista Galego reelixiu a Ana Pontón como portavoz nacional do partido tras un proceso de votacións na que se presentaron tres candidaturas.

O acto de clausura da XVIII Asemblea Nacional da formación tivo lugar este domingo en Santiago de Compostela no que se revalidou a Ana Pontón como líder nacional co 84,14% dos votos. Pola súa banda, a lista encabezada por Noa Presas obtivo un 12,35% de apoio e a encabezada por Gustavo Barcia un 3,51%. Con estes resultados, a representación na Executiva Nacional é de 16, 2 e 1 respectivamente.

Ana Pontón «agradeceu a confianza para seguir liderando o Bloque ao lado de todas as personas que a acompañan na nova Executiva Nacional» e asegurando que despois desta cita asamblearia «o BNG sae máis forte e máis preparado para acadr o obxectivo de gobernar Galicia en 2028«.

“Imos seguir practicando a política con maiúsculas, a política das ideas, dos proxectos, a que pon ás persoas no centro, porque non estamos aquí para aceptar o que non podemos cambiar, senón para cambiar o que non podemos – aceptar”, recalcou Pontón. Ademais, a líder nacionalista aproveitou a ocasión para agradecer e recoñecer o traballo das militantes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS