O Concello de Baiona desvelou nunha aposta segura pola dinamización cultural da vila, toda a programación lúdica e festiva nestas datas de Nadal. A programación Bainadal 2024-2025 prolongarase no mes de decembro e primeira semana de xaneiro no municipio e nas súas parroquias. Esta axenda da festividade está organizada polas Concellerías de Festexos e Cultura do Concello de Baiona. O alcalde amosou a súa ledicia polo feito histórico da presentación oficial da primeira Rondalla de Baiona, a Rondalla Airiños da Lagoa de Baíña. Estará arroupada pola Rondalla do Centro Cultural A Merced de Chaín o día 15 de decembro. Facerán un percorrido polas rúas principais da vila e remantando cun desfile que terá lugar na rúa Carabela Pinta ás 12.00 horas.
A programación arrinca o xoves 5 de decembro co acendido da iluminación do nadal, que comezará ás 19.30 horas co pasarrúas da batucada Lenha Verde. Tras a actuación, chegará o momento de alumar a vila coas luces de Nadal ás 20.30 horas. Ademais, neste instante o grupo “Los de Barro” ofrecerá un concerto na praza do Concello de Baiona ata as 22:30 horas. Como ven sendo tradición, o Multiusos de Sabarís acollerá a partir do sábado 14 de decembro, a tradicional exposición de Beléns e o Concurso de Microbeléns. Esta acción está organizada pola concellería de cultura de Baiona e prolongarase ata o luns 6 de xaneiro de 2025.
Dous mercadillos de Nadal amenizarán a praza do Concello os días 7 e 15 de decembro a cargo da Asociación Giro’s Danza e da ANPA Balcaxia Primero de Marzo. Estes postos contarán coa venda de produtos de segunda man reciclados, libros, xoguetes, entre outros, e moitas máis sorpresas como Dj, pintacaras, baile ou chocolatada.
Máis programación de Bainadal
A praza do Concello centralizará todas as actuación do Nadal na carpa instalada para acoller os eventos lúdicos e de Nadal programados para tal fin. Entre os eventos, destaca o Festival de Panxoliñas Benéfico (1 Kilo de comida a favor da ONG “Axuda ao Mundo Necesitado”). Este será o venres 13 de decembro ás 19.00 horas coas actuacións das corais polifónicas “San Lorenzo de Belesar”, “A Cela de Baredo”, e a “Coral Polifónica Baiona A Real”. Seguiralle o sábado 14 o Concerto de Nadal do Grupo de Corda e voz “Baiona Bay”. Ademais, o venres 20 será o turno da actuación do Coro de Homes Voces Baionesas co seu tradicional concerto de Nadal.
O sábado 21 terá lugar o concerto de Antonio Barros e iAlma subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A través do programa +Escénica da Deputación de Pontevedra haberá actuacións do musical Aldea Musical de Nadal, o 23 de decembro. Tamén a actuación de Kote Malabar co seu espectáculo Cirkote o 26 de decembro, a xa para o 3 de xaneiro terá lugar o espectáculo Globotolo.
O 24 de decembro as parroquias da vila terán a visita de Papa Noel que farán as delicias dos máis cativos. Ademais, o Carteiro Real chegará o 4 de xaneiro e estará na praza do concello recollendo as cartas. As baladas de Pre Fin de Ano, actividade organizada por ACEBA en colaboración co concello, están previstas para o sábado 28 de decembro así como a actuación da Banda de Música de Baiona. Así mesmo, non faltaron os pasarrúas das rondallas, as charangas e ranchos de reis.
Axenda para o comezo do 2025
A Festa Infantil de Nadal con obradoiros, bailes, inchables, visita do Grinch e neve artificial terá luar na Praza do Concello o xoves 2 de xaneiro. Por último, como remate a esta programación Bainadal, terá lugar a Gran Cabalgata de Reis 2025 que sairá dende Ponte Romano ás 17.00 horas e dende Santa Marta ás 18.00 horas. Máis de 6 módulos e unha comitiva de 500 persoas acompañarán ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente ata a Praza do Concello onde recibirán a todos os nenos e nenas que desexen saudalos.
Dentro de toda a programación, o alcalde quiso destacar diversas novidades das actividades deste ano. Entre elas, a Papanoelada moteira solidaria do día 22 de decembro. Nesta ocasión terá o seu punto de saída e de chegada no parque da Palma con recollida de alimentos destinados a ONG Axuda ao Mundo Necesitado de Baiona.
O alcalde tamén resaltou a centralización das actividades na carpa instalada na praza do Concello. Esta acollerá a maior parte das actuación e actividades lúdicas e festivas da programación Bainadal 2024-2025. A finalidade é apoiar e dinamizar o comercio local animando a toda a veciñanza e turista a achegarse ao casco vello nestas datas de Nadal.